NÓS CON PUIGDEMONT
E A DEMOCRACIA

Manifesto de apoio á candidatura do presidente Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí, promovido por cidadáns do Estado español non residentes en Catalunya.

Ningún demócrata pode tolerar que se lle impida ter unha lista electoral que o represente e á que queira votar. A cousa xa non vai de ideoloxía, senón de democracia.

Ante situacións extraordinarias hai que reaccionar, a Xunta Electoral Central (JEC) pretendía excluír, por razóns políticas, o cabeza de lista de Lliures per Europa (Junts), Carles Puigdemont, e os números dous e tres da lista, Toni Comín e Clara Ponsatí, das  eleccións europeas, e iso non se pode tolerar.

O que hai que determinar é se estamos a favor ou en contra do “dereito a ter dereitos” e se dita categorización é tamén aplicable ao president Puigdemont e aos seus consellers ou non.

Os dereitos humanos, e tamén os civís e políticos, son patrimonio do conxunto da sociedade e a súa defensa é obriga de todos. A equidistancia é complicidade e ningún demócrata debería ser cómplice de tales abusos. Non existirá unha sociedade igualitaria, xusta e democrática se non se nos recoñecen e se nos garanten a todos os dereitos fundamentais.

O president Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí desafiaron o réxime do 78 como nunca se fixo até agora, pondo sobre a mesa terminar cunha transición inconclusa.

Puigdemont, Comín e Ponsatí representan a desfranquización de España para conseguir que España se comporte como unha democracia europea, e é por isto que apelamos a todos os demócratas de España.

Que España respecte o dereito á autodeterminación, de maneira que o resto das nacións do Estado poidan ter unha oportunidade futura para exercer a súa soberanía e decidir libremente o seu destino, supón que España se comporta como unha democracia plena. E isto é de interese para todos os españois, non só dos cataláns. Puigdemont, Comín e Ponsatí están defendendo a democracia en España.

Impedir que o president Puigdemont e os consellers Ponsatí e Comín  se presenten ás eleccións europeas, vulnera tamén o dereito de todos os cataláns e españois a votar libremente a quen consideren oportuno e afecta aos dereitos de todos porque estamos ante unhas eleccións que son de circunscrición única. E ademais coa intención de impedir que nin sequera a lista que eles encabezan, se puidese presentar.

O obxectivo da Xunta Electoral Central era silenciar unha parte importante dos electores cataláns e como demócratas témolo que denunciar. Aquí a cousa nin vai de candidatos nin vai de partidos, simplemente vai de democracia si ou democracia non.

Nós, como cidadáns do Estado español, decidimos vencer o medo, vencer a represión e denunciar esta violación de dereitos fundamentais. Nós defendemos a liberdade.

As eleccións europeas son circunscrición única, calquera cidadán do Estado, viva onde viva, pode votar a lista do President Puigdemont, a candidatura Lliures per Europa (Junts). Estas eleccións convertéronse nun plebiscito entre a democracia ou o autoritarismo. Por isto defendemos e apoiamos a candidatura do presidente Puigdemont, é quen máis medo lles dá. Nós, os cidadáns, podemos dar voz  ao presidente Puigdemont, Toni Comín e Clara Ponsatí cos nosos votos. É fundamental que teñan voz en Europa, no Parlamento Europeo, pola democracia, pola liberdade.

Agustin Gainza. Economista. Bilbao
Alejandro Pacheco Yepes, diseñador. El Garaje Ediciones, loquesomos.org. Madrid
Antonio Galo Ibarrondo Gamboa. Hostelero jubilado. Bilbao
Antonio Rincon. Profesor. Redondela, Galiza
Anxela Pereira. Profesora. Vigo
Arantza Goyoaga. Periodista. Bilbao
Asier Fdez. de Truchuelo. Mecánico. Vitoria-Gasteiz
Bea Talegón. Abogada y periodista. Madrid
Beñi Agirre. Historiador, profesor de euskera. Gipuzkoa
Bráulio Amaro. Profesor. Vigo
Carmen Sorauren. Iruñea/Pamplona
Cristina Ridruejo. Traductora, miembro de Mujeres X la República. Madrid
Dionisio Pereira. Historiador. A Coruña
Dolores Varela Salgado. Profesora. Galiza
Eneko Egibar Artola- Albaitaria eta Politika Zientzietan Lizentziatua. Vitoria-Gasteiz
Fernando Ealo Bravo. Delineante proyectista jubilado. Bilbao
Fernando Sánchez Aranaz. Escritor, historiador. Araba
Francisco Cisneros Medina. Movilidad. Málaga
Gonzalo Boye. Abogado penalista. Madrid
Guillermo Canut Garramiola. Ondarroa. ExPresidente del Zazpirak Bat de Rosario (Argentina)
Gustavo Luca de Tena. Xornalista. Vigo
Henrique del Bosque. Profesor. Vigo
Humberto Astibia. Catedrático de la EHU/UPV. Iruñea/Pamplona
Ikel Castrillo Urrejola. Administrativo. Madrid
Iñaki Alonso Ruiz. Editor de LoQueSomos, miembro de las Consultas Republicanas de Madrid. Madrid
Iñaki Anasagasti Iturriaga. Electricista jubilado. Bilbao
Iñaki Arrondo. Soraluze(Gipuzkoa)
Iñaki Baseta Isundegi. Guarda forestal jubilado. Bilbao
Iñaki Elejalde. Farmacéutico. Vitoria-Gasteiz
Iñaki López Rentería. Licenciado en medicina, jubilado. Bilbao
Iñigo Larramendi. Economista. Vitoria-Gasteiz
Isabel Elbal. Abogada penalista. Madrid
Javier Vizcaya. Periodista. Jefe de prensa de Xabier Arzalluz. Bilbao
Jean-Marie Bidegainberry. Biarritz
Jesus Pérez de Viñaspre. Médico. Vitoria-Gasteiz
Jexux Agirresarobe. Baserritarra. Gipuzkoa
José Joaquín Odriozola. Gipuzkoa
José María Lara. Productor de cine. Madrid
José María Rous. Enginiero telecos. Collado Villalba - Madrid
Joseba Ealo Barrena. Licenciado en Ciencias Políticas. Bilbao
Joxan Jauregi Mindegia. Papergintzako langilea. Gipuzkoa.
Joxe Migel Agirre. Psiquiatra. Vitoria-Gasteiz
Joxean Larrañaga “Urko”. Kantaria. Donostia.
Juan Manuel Rey de la Torre. Gestor laboral. Sevilla
Lourdes Gutiérrez Cano, diseñadora, Málaga
Luis Gereka. Médico. Donostia.
Luis Mª Martínez Garate. Ingeniero de telecomunicaciones. Escritor. Donostia.
Mª Ángeles Pérez Lamana. Iruñea/Pamplona
Mª Carmen Rekalde. Ilaskea/estudiante. Gipuzkoa
María Angustias Cortés Ortiz. Secretariado Asamblea Nacional Andaluza. Málaga
María del Carmen Barrena Arizamendi. Administrativa jubilada. Bilbao
María Esperanza Silva Mendoza. Estudiante. Sevilla
Maria Luisa Fernández Clavo. Limpiedora. Utrera
María Xosé Rial Conde. Profesora. Vigo
Miguel Salazar. Pelotari. Markina. Miami
Mikel Ezkerro. Buenos Aires.
Mikel Sorauren. Historiador. Iruñea/Pamplona
Mireille Tumba. Docente. Madrid
Mohamed-Rida Lkhluf Ouaddana. Ingeniero de telecomunicaciones. Málaga
Montserrat Toll del Cacho. logopeda escolar. Madrid
Moraia Grau. Madrid
Nekane Alzelai. Irakaslea/Profesora. Donostia.
Omar Salcedo de la Torre. Estudiante. Sevilla
Pedro Ignacio Altamirano Macarron. Coordinador Federal Partido Somos Andaluces, Partido Andaluz. Málaga
Pedro Santana Montoya. Escritor. Málaga
Rafael Sanmartin. Periodista y escritor. Sevilla
Robert Knörr. Sacramento State University (CA)
Rosa Minguella. Madrid
Salvador Garcia Urbano. Presidente de la Asamblea Nacional Andaluza. Málaga
Victor Manuel Vaca Arcila. Empresario hostelero. Puerto de Santa María, Cádiz
Xabier Añua. Abogado. Primera Mesa de Herri Batasuna. Vitoria-Gasteiz
Xabier Garaloces. Responsable Relaciones Insitucionales Xuntos Actua. Galiza
Xurxo Borrazás Fariña. Escritor. Galiza

Xa temos 1222.
Rexístrate tamén!

Compártea cos teus amigos
Fai unha doazón